A actual deputada no Parlamento galego e candidata ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, reclamou a construción total da A54 (autovía a Compostela) e a reactivación do proxecto da A56 (autovía Lugo-Ourense). Sostén que “Lugo non se pode permitir máis o abandono co resto do país, precisa infraestructuras axeitadas, é absolutamente inadmisíbel que a veciñanza das comarcas de Lugo, de todas elas, teña que padecer as gravísimas consecuencias desta descrimanción que padecemos”.

- Publicidade -

O BNG esixe o dereito da veciñanza luguesa a contar cunhas infraestruturas en correctas e en condicións, que vertebren o territorio e garantan a seguridade na condución. A nacionalista afirma que “para rachar con esta situación debemos ter claro que este 10 de novembro temos que apostar por nós, porque se nós confiamos en nós mesmas teremos todo o que nos propoñamos, ninguén o fai, como se pode ver nos últimos orzamentos pactados entre o PSOE e Podemos no que vimos que Galiza quedou desaparecida”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego