O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, informou no Pazo de Raxoi sobre as vindeiras obras que se realizarán en dez colexios santiagueses xunto coa Xefatura Territorial de Educación da Xunta de Galicia.
Ademais, construirase algún patio cuberto como xa se fixo no Pío XII ou no López Ferreiro, mais para ver o resultado destas reformas teremos que esperar ata o verán.
O edil amosou en rolda de prensa a vontade do Concello de intervir canto antes, aínda que, en palabras súas, ás veces os recursos non son suficientes.