Home Programas Área Compostela Obras en cinco instalacións deportivas de Santiago para frear as deficiencias

Obras en cinco instalacións deportivas de Santiago para frear as deficiencias

0
Obras en cinco instalacións deportivas de Santiago para frear as deficiencias

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou no día de onte as obras que se están a acometer en As Cancelas, Villestro, Restollal e Vite e Fontiñas. A concelleira indicou que hai deficiencias que se presentan dende hai anos e que é necesario solucionar axiña. O investimento que se adicará ás cinco instalacións deportivas será de case 170.000 euros.

O proxecto de as Cancelas pretende mellorar o estado das bancadas, barandillas ou asentos. Tamén se revisarán os espazos nos que entre auga e se comprobará, entre outras cousas, a tornillería da instalación. A maiores, farase unha limpeza da fachada e dos muros laterais.

En relación con Villestro, o obxectivo é ampliar a cuberta da bancada e acondicionar as dependencias de conserxería e almacéns no campo de fútbol municipal deste lugar. A obra que se acometerá en Restollal e Vite consiste, por outra banda, no acoitelado da pista a través de máquinas lixadoras e saneamento posterior de tódalas madeiras danadas polo uso.

En Fontiñas, preténdense dúas actuacións. En primeiro lugar, a solución á entrada de auga na cuberta do Polideportivo de Fontiñas e en segundo lugar, o acondicionamento dun local como ximnasio neste Polideportivo.

Ademais, habilitarase dentro da instalación un novo espazo de uso deportivo totalmente dotado para a práctica de actividades. A concelleira indicou, en rolda de prensa, que o proxecto de as Cancelas xa está elaborado, que a obra en Fontiñas estaría rematada en xaneiro e que, neste mesmo mes, comezarían a facerse en Vite.