A Xunta de Goberno aprobou o proxecto modificado das obras de humanización da rúa de Montero Ríos. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou en rolda de prensa cales foron estes e as variacións con respecto ao proxecto inicial.
Jorge Duarte asegurou que as obras estarán paralizadas para non interromper a campaña de Nadal, do 2 de decembro ao 7 de xaneiro, logo de chegar a un acordo coas veciñanza e os comerciantes da zona.
Ao remate da rolda de prensa o edil informou que a vindeira semana os autobuses volverán a circular por Xeneral Pardiñas, facendo a subida pola Senra en lugar de por Montero Ríos.