Para combater a lacra das violencias machistas na sociedade é imprescindible a involucración dos homes. Con este propósito nace a iniciativa “Autocoñecemento para o cambio”, un obradoiro interactivo organizado polo colectivo en defensa da igualdade de xénero ‘Micromachinhos’. O obxectivo deste evento é concienciar á poboación masculina da necesidade de dar unha volta ós roles tradicionais de xénero.
Obradoiros impartidos pola socióloga Tareixa Ledo
Os obradoiros, convocados con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, desenvolveranse do 24 ao 26 de novembro e do 15 ao 17 de decembro na Casa do Matadoiro. A socióloga Tareixa Ledo dirixirá as actividades de autocoñecemento dirixidas aos homes, o que ela mesma califica como “terapia de reencontro” entre ámbolos dous xéneros.
Nun primeiro intre ofertáronse quince prazas para participar nos obradoiros, pero a elevada demanda obrigou ós organizadores a ampliala ata dezanove. Con todo, o evento conta cunha longa lista de espera.
https://nostelevision.gal/un-obradoiro-explorara-sexualidade-dos-homes-desde-unha-optica-feminista/