O día 12 de outubro celébrase, a nivel mundial, o Día da Visión. Ao redor desa data o concello de Santiago preparou unha serie de actividades para sensibilizar á poboación sobre este tema. O acto central terá lugar o 10 de outubro mais xa comezaron unha serie de obradoiros de fotografía que levan por título “Cores marcianas”. A actividade presentouse no Pazo de Raxoi e para explicala estiveron presentes a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e a presidenta da Asociación Tiresias de Galicia, Lourdes Díaz. Esta última explicou o obxectivo destes obradoiros e porque o nome que leva.

A actividade realizarase as fins de semana do 30 de setembro, 6 e 7 e 20 e 21 de outubro en horario de 12 a 14 h. e de 17 a 21 horas. O día 22 clausuraranse estes obradoiros coa exposición dos traballos realizados. A mostra abrirase na praza do Toural ás 11 horas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -