Presentouse no Pazo de Raxoi o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebrará do 9 ao 12 de novembro.
Superou todas as expectativas, aumentan as actividades
En rolda de prensa falaron o alcalde, Martiño Noriega, o director do encontro, Miguelanxo Prado, e por Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral, que colabora no evento. Nesta edición aumentan as actividades con obradoiros, presentacións, exposicións e a presenza na nosa cidade de artistas de todo o mundo como o xaponés Munehiro Ikeda, o asturiano Alfredo, recente Premio Nacional de Ilustración, Lapin, debuxante profesional orixinario de París.
Este ano están previstos dous obradoiros cun custo de inscrición de 30 euros. O primeiro deles, “Fabrica o teu caderno”, correrá a cargo de Javier Valles, e o segundo, con Mr.Ze, xirará en torno ao movemento do Caligraffiti. Para estes obradoiros só quedan 40 prazas das 200 ofertadas que se completarán por rigurosa orde de inscrición.