A polémica actuación policial nas manifestacións de apoio ao CSO Escárnio e Maldizer que defenden na corporación municipal PP e PSOE ten aberta outra fronte. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia denunciou o pasado martes os impedimentos ao labor das e dos informadores por parte dos denominados corpos de seguridade do Estado durante a actuación policial contra a manifestación realizada o pasado sábado en Compostela. Ao colexio chegaron denuncias da situación que o colexio puxo xa en coñecemento do Goberno civil.
- Máis información: O Colexio de Xornalistas condena as trabas policiais á cobertura da manifestación polo desaloxo do Escárnio e Maldizer en Santiago
.@xornalistas condena as trabas policiais na cobertura da manifestación solidaria co #EscarnioeMaldizer https://t.co/1zUyXd8Pox pic.twitter.com/E8cDh5QJaU
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 de junio de 2017
Disparidade de opinións no Concello de Santiago
Na corporación municipal hai disparidade de opinións en relación a este tema. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o voceiro do BNG, Rubén Cela amosaron a súa solidariedade e apoio aos xornalistas mentras que o concelleiro do PSdeG Gonzalo Muiños solicita probas deses incidentes e o concelleiro do PP, Alejandro Sánchez-Brunete afirma que o actuación “salvou a integridade física dos xornalistas”.
Para o PP, as trabas policiais á cobertura do #EscarnioeMaldizer puideron entenderse para "salvar a integridade" dos propios xornalistas pic.twitter.com/TOdm4FxiGS
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 de junio de 2017
No seu comunicado o Colexio de Xornalistas asegura que “tivo noticia doutras accións contra o labor das e dos xornalistas que cubrían a manifestación, como agresións con porras por parte dos corpos antidisturbios e ameazas con sancións administrativas por fotografaren policías”. O Colexio lembra que “a Constitución outorga a toda a cidadanía o dereito fundamental a comunicar información veraz” e que non é necesario ningún tipo de identificación para exercer a profesión posto que o uso do chaleco é un acordo entre Interior e unhas asociacións privadas que non obriga a toda a profesión).