Home Programas Área Compostela O XIX Ciclo Lied de Santiago: unha volta a tradición

O XIX Ciclo Lied de Santiago: unha volta a tradición

0
O XIX Ciclo Lied de Santiago: unha volta a tradición

A Concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o presidente dos amigos da ópera de Compostela (ADOC), Jesús Couceiro, presentou hoxe no pazo de Raxoi a 19ª Edición dos recitais do ciclo Lied, onde estarán presentes as composicións de Brahms, Schubert ou Schumann. A edil salientou a importancia deste ciclo dentro do panorama musical estatal.

Nesta edición de 2018 retornarase, ademais, aos piares do repertorio tras un bienio no que o Ciclo de Lied explorou as fronteiras do xénero e percorreu a tradición eslava e francesa. Así, os nomes clásicos como Franz Schubert, Robert Schumann ou Johannes Brahms estarán presentes nesta 19ª edición.

Pola súa banda, Goretti Sanmartín, manifestou que grazas a este ciclo de música, Santiago convértese nunha auténtica cidade da cultura. Jesús Couceiro, presidente da ADOC, sublinou que este ano o ciclo volta a tradición.

Entradas

O ciclo comezará o Martes 11 de setembro as 20:00 horas no teatro principal, co protagonismo para Schumann. O martes 20 e o martes 25 serán os outros dous concertos a mesma hora, no mesmo escenario. As entradas estarán a venda cun prezo de 8 euros. Tamén se pode conseguir un abono para os tres concertos por 18 Euros. Poderanse adquirir na billeteira do Teatro Principal, ou a través da web compostelacultura.gal.