O Xacobeo 2021, unha oportunidade para “mellorar a proxección de Galicia no mundo”

A comisión organizadora do Ano Santo mantivo este mércores o seu primeiro encontro. A finais de verán aprobaranse as liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021.

- Publicidade -

A Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 está integrada por representantes da Xunta, a Delegación do Goberno, o Arcebispado de Santiago, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Concello de Santiago. A comisaria, Cecilia Pereira, foi a encargada de achegar na reunión de hoxe un borrador das liñas estratéxicas do Xacobeo 2021, que as diferentes institucións se comprometeron a analizar co obxectivo de facer as súas achegas e aprobar un documento definitivo despois do verán.

Noriega participou da xuntanza

O alcalde comprometeuse a colaborar no seo da Comisión “co obxectivo fundamental de non duplicar esforzos nin gastos de fondos públicos, para optimizar un traballo institucional que debe ser cooperativo”. Martiño Noriega adiantou que ese “será o espírito co que o Concello de Santiago vai analizar polo miúdo o documento presentado hoxe pola comisaria Cecilia Pereira, e o espírito co que faremos as nosas achegas nos vindeiros meses”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego