Martiño Noriega salientou a importancia do evento e a proxección que grazas ao Womex terá a cidade e o país.
A maior feira profesional de músicas do mundo, o Womex, abriu as súas portas nas instalacións do Museo centro Gaiás da Cidade da Cultura. 2.500 persoas chegadas de todo o mundo, 700 empresas e 270 stands para difundir as culturas musicais máis diversas. Na xornada de apertura realizaron un percorrido o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e de Acción Cultural, Branca Novoneyra.
A Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, afirmou que o Womex é un espazo aberto e diverso no que se poden difundir as músicas do mundo.
Para @GorettiSRei, o @womex “é un espazo aberto e diverso no que se difundir as músicas do mundo” https://t.co/wfKYAU1B6U #womex16 pic.twitter.com/S9p8XiWDtZ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 outubro 2016
Ademais da feira profesional na Cidade da Cultura, o Womex deixaranos 45 concertos entre o 20 e o 22 de outubro. Terán lugar en diferentes espazos da cidade como o Teatro Principal, o Salón Teatro a praza da Quintana, Auditorio Abanca e a Sala Capitol para as sesións DJ.