O vertedoiro de Miramontes responde ás “brincadeiras do Concello-Plataforma-media docena de veciños”

Rouban o sinal de tráfico que prohibía o paso aos camións de grande tonelaxe que accedían ao vertedoiro de Miramontes

As veciñas e veciños de Grixoa non deixan de sorprenderse polo que lles está acontecendo. Hai uns días denunciaban que camións de grande tonelaxe circulaban por un vial restrinxido a ese tipo de vehículos co obxectivo de levar materiais ao vertedoiro de Miramontes.

Presentaban probas fotográficas e, ademais, denuncias realiizadas pola propia Garda Civil, personada no lugar, aos transportistas infractores.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Agora denuncian o roubo do sinal de tráfico que prohibía a circulación a estes vehículos. Cun retranqueiro “pois nada… segue la “brincadeira” Concello-Plataforma-media docena de veciños” explican que despareceu o indicador polo que podería tratarse dun delito moi grave.

“Sería de risa, de non se tratar de accións delictivas que poñen en cuestión a seguridade xuridica que o Concello da a unha actividade legal, autorizada e necesaria para a xestion de residuos en Galicia”, indican nas redes sociais desde o Complexo Ambiental Miramontes. Aseguran que interpuxeron “unha demanda xudicial por estas accións e a reclamación dos danos patrimoniais que se están provocando”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -