Os primeiros datos de 2020 do Instituto Nacional de Estatística evidencian un aceleramento do turismo en Galicia facéndoa medrar por riba da media española. En concreto, a demanda turística incrementouse no noso país un 9%, fronte ao 3% a media estatal.
Segundo o INE, os hoteis e pensións de Galicia recibiron en xaneiro 179.479 viaxeiros e viaxeiras -un 8,2% máis que hai un ano- que fixeron 338.030 noites, o que supón un crecemento do 9%, dando así continuidade á evolución de 2019. O turismo interno medra un 3%, o turismo estatal un 15,7% e o internacional un 7,2% en relación ao mes de xaneiro de 2019. Con máis de 61.000 noites, o turismo internacional acada neste primeiro mes do ano un máximo histórico de demanda hoteleira en Galicia.
O turismo en Compostela: oportunidade ou problema?
A presión turística que sofre a capital galega é algo evidente. Nos últimos anos, a poboación de Compostela viuse expulsada das súas propias casas pola suba do alugueiros e camiñar por determinadas rúas da zona vella vólvese cada día máis difícil. O propio alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, recoñece os conflitos que achega o turismo á cidade compostelá, especialmente en materia de vivenda.