A Xustiza analizará unha posible ocultación de información relativa á fusión das antigas caixas de aforros

O deputado Antón Sánchez pedía a solicitude de auditoría por parte da Xunta e o informe dos técnicos da Consellaría de Facenda

A negativa reiterada do goberno galego a entregar parte da documentación sobre a fusión das caixas ao deputado de En Marea Antón Sánchez chega aos tribunais. Segundo explica Sánchez desde o 2013, cando representaba a Alternativa Galega de Esquerda, vén solicitando poder acceder a estes datos sen ata agora obter resposta.

Así, o TSXG vén de admitir a trámite a demanda de En Marea pola negativa do goberno a entregarlle a documentación da fusión das caixas, “Vémonos obrigados a recorrer á Xustiza pese a ser unha obriga da Xunta ofrecer esta información aos deputados e deputadas”, sinala o deputado de En Marea a Nós Televisión, “e agora recibimos a notificación que foi admitida a trámite”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A documentación solicitada

A documentación solicitada por Antón Sánchez é primeiro lugar a carta de encargo da auditora KPMG que en teoría avalaba a fusión das caixas segundo Núñez Feijóo e Marta Fernández Currás, e onde o Goberno galego reflexaba as cuestións a auditar, información fundamental para valorar a responsabilidade da Xunta de Galicia. Tamén solicita os informes dos técnicos da consellería de Facenda incluídos no expediente de fusión.
Coa aceptación desta demanda o goberno galego terá cinco días para entregar a documentación solicitada.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -