O transporte público urbano de Compostela gaña 10.000 usuarios en 2016

O transporte urbano compostelán gaña usuarios e usuarias por primeira vez en practicamente dez anos

A cidadanía de Santiago emprega máis o transporte urbano. Esta semella ser a tendencia logo de que se souberan os resultados do exercicio de 2016. Os datos aseguran que en 2016, o transporte urbano sumou 7.135.858 usuarios, fronte aos 7.124.117 pasaxeiros de 2015.

“a cidadanía empeza a estar concienciada da necesidade de apostar polo transporte público”

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade explicou a situación actual do transporte público urbano que na actualidade conta con 160 mil usuarios e deu a coñecer o informe encargado por Tussa sobre os diferentes modelos de xestión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Participación cidadá

Duarte anunciou que ao longo do vindeiro mes volverase abrir un proceso de participación cidadá para presentar o modelo definitivo das novas liñas, despois do informe económico da primeira proposta realizada polo Concello coas achegas da veciñanza.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -