O Compostela Trad Fest volve un ano máis á praza da Quintana pero cun novo nome, e con el a actuación de máis de douscentos artistas. Será este venres 26: a xornada comezará ás 11 da mañá e extenderase ata pasada a medianoite. Ademais de concertos tamén haberá baile, obradoiros e actividades infantís.

- Publicidade -

Vítor Belho, de Nordesía, ve esta xornada coma “un reto” e di que “é unha maneira de apostar por unha tradición e ao mesmo tempo por unha modernidade que está presente na nosa terra”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego