More

    O telexornal de Nós Televisión, agora tamén nas redes sociais

    'Espazo aberto' estrea imaxe e poderase seguir en Facebook e Twitter, de luns a venres ás 21:00

    Hai meses abriamos as subscripcións a socias e mellorabamos a nosa oferta. Hoxe, damos un paso cara a adiante afondando nesa aposta. Cremos na necesidade dun espazo audiovisual para a maioría social, propio e centrado no país. Por iso, renovamos o noso telexornal diario.

    ESPAZO ABERTO, o espazo informativo de Nós Televisión

    Estreamos un novo informativo diario cun novo plató. Neste espazo duns 10 minutos de duración, analizaremos a actualidade galega facendo fincapé na defensa da terra, os feminismos, a lingua e os movementos sociais.

    Ademais de poder velo no dial 119 da plataforma R, a partir do xoves 16 poderás seguilo tamén nas nosas redes sociais, de luns a venres ás 21:00.