A peza teatral ‘Rosa caramelo e outras historias’, encadrada no programa FalaRedes, continúa coa súa xira e pasará por 15 localidades da Rede de Dinamización Lingüística. Trátase dunha obra pensada para cativada de catro a oito anos que se apoia na palabra e na música para abordar os roles e os estereotipos e prexuízos de xénero. En definitiva, unha forma divertida de educar en igualdade e en galego.
Que é o FalaRedes?
FalaRedes é un programa de dinamización lingüística que ofrece actividades de ocio e culturais en galego e promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia. O programa está impulsado desde a Rede de Dinamización Lingüística, que congrega a 200 entidades e está vinculada a Política Lingüística. O seu secretario xeral, Valentín García, salienta que deste xeito o galego chegue tamén a concellos rurais, coma o de Trazo, e non só a ámbitos urbanos.