Home Programas Espazo Aberto José Tomé, novo presidente da Deputación de Lugo: “Abrimos unha nova etapa”

José Tomé, novo presidente da Deputación de Lugo: “Abrimos unha nova etapa”

0
José Tomé, novo presidente da Deputación de Lugo: “Abrimos unha nova etapa”

A Deputación de Lugo quedou constituída tras o pleno que se celebrou este xoves e que xa erixíu como presidente ao socialista José Tomé. Deste xeito, o alcalde de Monforte de Lemos convértese no terceiro presidente socialista na historia desta entidade provincial logo de alcanzar un pacto de goberno de coalición co BNG. “Abrimos unha nova etapa”, sostivo o socialista no seu discurso que apelou a facer política “dende a honestidade” e a “transparencia”.

Con este acordo, asinado apenas 18 horas antes do pleno, Tomé relevou ao tamén socialista Darío Campos á fronte da institución e a nacionalista Maite Ferreiro asumíu a vicepresidencia.Os socialistas contan con 10 actas e o BNG con tres, fronte as 12 dos populares.