Home Programas Espazo Aberto O SLG trae a Galicia unha iniciativa que revolucionou a cadea de valor do leite en Francia

O SLG trae a Galicia unha iniciativa que revolucionou a cadea de valor do leite en Francia

0
O SLG trae a Galicia unha iniciativa que revolucionou a cadea de valor do leite en Francia

O Sindicato Labrego e “C’est qui le patron? / Quen é o xefe?” presentaron unha iniciativa social moi valorada en Francia na que a propia xente vota o tipo de leite que quere consumir, a que prezo e en que medida se remunera o traballo nas granxes. Está considerada como “a marca da consumidora” e conseguíu xuntar en Francia a máis de 150 granxas que xa levan vendidos máis de 107 millóns de litros de leite cun prezo en orixe de 39 céntimos e de venda ao público de 99 céntimos. En Galicia o prezo do leite rolda o prezo de 0,32 euros o litro.