O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito no que solicita unha xuntanza con responsábeis da Consellaría de Medio Ambiente para falar da declaración de urxencia cinexética e a apertura permanente da veda de caza ao xabaril nas comarcas de Viana, Deza, Betanzos, Eume e Terra Chá, confirmada esta semana pola súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta medida provocou o rexeitamento tanto de colectivos de cazadores, como de ecoloxistas e das propias organizacións agrarias. Deste xeito, o obxectivo da xuntanza solicitada polo SLG sería o de buscar unha solución realista a un gravísimo problema que ameaza as actividades agrogandeiras e o equilibrio ecolóxico da fauna salvaxe.

Para o Sindicato Labrego Galego, calquera decisión que se tome nesta polémica cuestión debe partir do consenso dos diversos axentes implicados e basearse en estudos científicos que avalen a estratexia a desenvolver. Pola contra, deixar toda a responsabilidade do control poboacional do xabaril á libre vontade dos tecores (territorios cinexeticamente ordenados), sen ter coñecemento de ningún informe solvente que avale tal decisión, “parécenos pura improvisación e unha clara evasión de responsabilidades posiblemente forzadas pola inminencia dunha nova cita electoral”, sinalan dende o sindicato.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -