Home Espazo Aberto Medio ambiente O SLG pídelle á Xunta que remate o proceso de concentracións parcelarias iniciado en Agolada: “É de xustiza”

O SLG pídelle á Xunta que remate o proceso de concentracións parcelarias iniciado en Agolada: “É de xustiza”

0
O SLG pídelle á Xunta que remate o proceso de concentracións parcelarias iniciado en Agolada: “É de xustiza”

A finais deste 2019 expirará o prazo das parcelarias paralizadas nas parroquias de Sexo, Agra, Baíña, Eidián, Ramil, Basandre e Berredo, todas elas no concello pontevedrés de Agolada. O colectivo Queremos Parcelarias calcula unha perda de 800.000 euros e leva meses mobilizándose para que a Xunta remate este proceso, unha acción que apoian dende o Sindicato Labrego Galego.

Neste sentido, o SLG apoia a concentración que o colectivo Queremos Parcelarias realizará  o próximo día 21 de novembro ás 11:30 diante do edificio da Consellería de Medio Rural en San Caetano, Santiago de Compostela. Esta concentración vén marcada pola negativa da administración o pasado día 4 de novembro, na comisión de agricultura do parlamento galego, a seguir adiante cos procesos de concentración parcelaria. “Rematar as concentracións parcelarias da AGOLADA é de Xustiza”, apuntan.