Home Programas Espazo Aberto O SLG pide a Mesa do Leite ante a conxelación dos prezos máis baixos do Estado na Galiza nun contexto de alza

O SLG pide a Mesa do Leite ante a conxelación dos prezos máis baixos do Estado na Galiza nun contexto de alza

0
O SLG pide a Mesa do Leite ante a conxelación dos prezos máis baixos do Estado na Galiza nun contexto de alza

O Sindicato Labreo Galego denuncia que Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio do leito máis baixo ao ser a única que non supera os 33 céntimos o litro acadando en novembro de 2019 os 32,6 céntimos. “A tendencia á alza na Unión Europea fixo que, dende xuño a decembro, o prezo medio comunitario se incrementase un 6’4%. Esta tendencia tamén se deu no Estado e na Galiza pero, ao partir na nosa terra duns valores miserables, o aumento no prezo nos últimos meses segue a situarnos no último posto do Estado e na cola da Unión Europea en cuestión de prezos”, destacan.

A central agraria solicituou no último Consello Agrario galego a constitución da Mesa do Leite para que Medio Rural arbitre un diálogo e unhas negociacións entre os diversos axentes do sector para rematar coas anomalías de mercado que discriminan as granxas galegas. Porén, aínda que o conselleiro de Medio Rural, José González, se comprometeu a dar resposta a esta petición, aínda non o fixo.

“O silencio e carencia total de iniciativas por parte da Consellaría de Medio Rural no sector lácteo fai que as industrias estean aproveitando o baleiro para extorsionar de novo ás granxas, obrigándoas a asinar contratos que conxelan os prezos nunha situación de alza xeneralizada”, denuncian dende o SLG.