Home Programas Espazo Aberto O SLG e a Inlac, xuntas para facer fronte á crise do sector lácteo

O SLG e a Inlac, xuntas para facer fronte á crise do sector lácteo

0
O SLG e a Inlac, xuntas para facer fronte á crise do sector lácteo

O Sindicato Labrego Galego organizou unha xornada xunto con Charo Arredondo, gandeira cántabra e presidenta da Interprofesional Láctea (Inlac), para buscar solucións á crise que afoga ao sector. Segundo Arredondo, un dos principais problemas recae os prezos xa que están por debaixo dos custes de produción.

Outra problemática que está a sufrir actualmente o sector lácteo é que “cada vez somos menos porque o traballo é duro e pouco rendible” explica Arredondo. Esta falta de novas incorporacións por parte da mocidade é algo que non está a ocorrer só en Galiza, senón que sucede en toda España.