O sindicato PROSAGAP denunciou este xoves públicamente “un novo episodio de abuso” por parte do SERGAS logo de que a Xerencia de Santiago rescindise unilateralmente, e dun día para outro, as prórrogas xa asinadas dos contratos de persoal sanitario. Tal e como informa a central sinal, a xerencia ofreceu o seguinte argumento: “Neste momento sobra xente, pero non desbotamos que nuns días teñamos que volver chamar”.
“Estes profesionais, a maioría de enfermaría, estaban a traballar en plantas COVID e tiñan asinada unha ampliación do seu contrato dende o 16 ata o 30. Onte mesmo se lles comunicou que ditas ampliacións quedaban anuladas de xeito unilateral”, explican dende o PROSAGAP. O sindicato cualifica esta decisión de “despropósito” e “temeridade”. “Voltamos indicir en que é necesario, hoxe máis que nunca, unha política de emprego que protexa e facilite a labor dos traballadores e traballadoras da sanidade pública”.
Dende o PROSAGAP informaban este xoves á tarde de que Xerencia “xa está chamando á asfectadas para rectificar na súa postura e manter as prórrogas dos contratos” no caso das que xa asinaran o documento. As que só lles comunicaran a prórroga de forma verbal, aínda non foron chamadas segundo a información da central sindical que afirman: “seguiremos encinma do tema”: