Reivindicar o sector pesqueiro como fonte de emprego e riqueza para Galicia é unha das metas do PSdeG nesta lexislatura. O grupo socialista celebrou este venres unha xornada sobre pesca sostíbel e política pesqueira na que se abordaron as principais problemáticas que afronta o sector.
O grupo socialista pide máis flexibilidade
O principal conflito radica no regulamento da Unión Europea, aprobado en 2015, que prohíbe os descartes de peixe nas embarcacións, debido ás denuncias de diferentes colectivos ecoloxistas. Con todo, esta medida supón un importante agravio para a pesca galega, que difunde un manifesto co que pretende “flexibilizar” esa normativa.
Entidades convidadas
Neste encontro, presidido pola vicevoceira socialista Patricia Vilán e o secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero, participaron tamén representantes do sector da pesca como a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible ou a Asociación de Vol anteiros do Cantábrico Noroeste.