O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantivo esta mañá unha xuntanza co xerente da Hostalería de Compostela, Ramón García. O sector hostaleiro manifestou de novo a preocupación pola lentitude na tramitación da Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, que segue a estar aprobada malia a que o anteproxecto foi presentado pola Xunta no 2013. En palabras de Noriega, “a valoración é positiva, xa que non se están rexistrando incidencias salientables ao respecto”.
Tamén o voceiro do sector da hostelaría noctura compostelá, Ramón García, tamén viu cumpridas as expectativas iniciais da Mesa de diálogo pic.twitter.com/Gr3hqn4AN7
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 marzo 2017
.@martinhonoriega amosouse satisfeito trala nova reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna https://t.co/lGp1CHkQMw pic.twitter.com/MahSAzIRH6
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 marzo 2017
Unha campaña de sensibilización sobre o ruído
Na mesa de diálogo analizouse a proposta dos hostaleiros para poñer en marcha unha campaña de concienciación sobre o ruído no exterior dos locais chamada Fala baixiño.
Outra das temáticas abordadas hoxe foi unha proposta de actualización do decreto de zonas saturadas, aprobadas en marzo de 2011. O alcalde explicou que a este texto “fóronselle introducindo modificacións no ano 2013, pero non se chegou a harmonizar o texto orixinario”.