O sector do agro e do mar xuntaranse en Compostela nunha gran manifestación contra a Mina de Touro

Hoxe a Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non e a Plataforma en defensa da Ría de Arousa xunto con máis de 40 colectivos convocan unha gran manifestación en Santiago para o vindeiro día 10 de xuño contra o proxecto megamineiro

Dende a Plataforma Mina Touro O Pino e a Plataforma en defensa da Ría de Arousa (PDR), rexeitan o proxecto da megamina de extracción de cobre que quere pórse en funcionamento en Touro e O Pino e convocan unha nova manifestación. Desta volta, en Compostela.

- Publicidade -

onvocan unha gran manifestación en Santiago para o vindeiro día 10 de xuño contra o proxecto megamineiro

O sector do agro e do mar xuntaranse en Compostela nunha gran manifestación contra a Mina de Touro

Publicada por Nós Televisión en Martes, 22 de mayo de 2018

É unha mina a ceo aberto con emisións de pó que conleva unha grave contaminación atmosférica, alomenos, nun radio de 15 km, (chega a Santiago de Compostela). Polo que respecta ao proceso de separación do cobre contémplase a utilización dunhas 15.000 toneladas de productos químicos altamente perigosos. E, sospeitosos de causar cancro.

Desde as entidades convocantes denuncian que o proxecto megamineiro vai da man dunha Xunta de Galicia que nestos últimos trinta anos “non evitou que estas empresas contaminaran ríos, fervenzas, manantias e augas municipais e particulares”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego