Traballadoras e traballadores do sector de ambulancias percorreron esta mañá as rúas de Compostela e denunciaron a grave situación que padecen. Levan máis de tres anos sen un novo convenio e acusan ao goberno galego de non actuar nesas circunstancias.
Desde a CIG-Transporte reclaman rematar cos contratos en precario, ter en conta o seu traballo no tocante ao tema dos riscos laborais e acceder a un incremento salarial. No sector de ambulancias en Galicia traballan na actualidade 1.400 persoas.