Home Programas Espazo Aberto O Santuario Vacaloura, onde os animais renacen

O Santuario Vacaloura, onde os animais renacen

0
O Santuario Vacaloura, onde os animais renacen

Para combater o maltrato animal non só se crean asociacións senón que tamén existen os santuarios. O Vacaloura é un santuario nas aforas de Compostela que crearon Inés Trillo e Mario Santiago no 2013. Recollen animais abandoados ou maltratados e actualmente están ao cargo de preto de 200. Contan coa axuda de doazóns e xente voluntaria que se anima a pasar tempadas con eles para repartirse tarefas. “Nos últimos dous anos recibimos moita axuda pero aínda así non é suficiente porque é un traballo constante”, explica Inés Trillo.