Tras o temporal de vento e choiva que azotou o país a fin de semana, o santuario animal Vacaloura sufriu diversos desperfectos nas súas instalacións entre os que figura a caída do tellado da caseta na que vivían as galiñas e os patos. Por fortuna, ningún animal apareceu ferido.

- Publicidade -

Iso si, ante os desperfectos do temporal, e os que xa arrastraban, a necesidade de atopar un novo sitio para o santuario animal Vacaloura cobrou máis peso. Por iso, decidiron investir na compra dun terreo, abandonando o terreo actual no que viven en alugueiro, e iniciar para isto unha campaña de mecenado na internet. Polo de agora, levan recaudado o 10 por cento dos cartos necesarios que ascenden aos 100.000 euros.

Nese camiñar, o santuario animal Vacaloura prepara unha cea solidaria na Nave de Vidán, en Compostela, para este sábado 25 de xaneiro ao prezo de 22 euros. Hai apenas uns meses, a equipa de Nós Televisión visitaba o santuario:

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego