O San Froilán de Lugo pasa por ser unha das festas máis tradicionais de Galicia. O concello, consciente disto, presentou con tempo a programación na que non podían faltar grandes artístas xunto aos tradicionais encontros de folclore.
Este ano celebraranse entre o 4 e o 12 de outubro con maís de 280 actos e o pregón a cargo do xornalista Manuel Lombao que abrirá o primeiro día xunto á orquestra Folk Sondeseu.
O día 5 haberá verbena coas actuacións das orquestras La Moda na Praza Horta do Seminario e Zenet en Santa María para rematar cun espectáculo piromusical.
O desfile de gando de razas autóctonas e a actuación de Javier Mena continuarán a festa o sábado 6. O domingo das Mozas, o día 6, haberá a tradicional ofrenda a Rosalía de Castro.
As seguintes actuacións serán Lucía Pérez e Vizcaíno o día 10; Herdeiros da Crus e o festival Sanfroidance o día 11; e Marky Ramone con Pussy Riot y Myles Sanko o día 12 de outubro.