O sindicato Unións Agrarias esíxelle ao novo Goberno estatal, conformado polo PSOE e Unidas Podemos, que pule polo sector leiteiro galego garantindo prezos xustos. Por esta razón, concentráronse este mércores ante a delegación do Goberno na Coruña.
O rural non pode máis! O noso traballo non se regala!!! Prezos xustos XA!!! pic.twitter.com/tkcjq8NJ9X
— Unións Agrarias-UPA (@unions_agrarias) February 19, 2020
O sector lácteo galego
A finais de 2015, as tractoradas colpasaban a cidade de Lugo. Os milleiros de gandeiros e gandeiras denunciaban daquela os abusos das industrias e cadeas de distribución á hora de mercarlles o leite. A día de hoxe, en Galicia continúase a cobrar o leite por baixo do prezo medio da Unión Europea.
O sindicato Unións Agrarias apunta ás cadeas de distribución como unha das grandes responsables da crítica situación do sector leiteiro. A baixada do prezo do cartón de leite en supermercados pode supor un reclamo para as consumidoras que perxudica ao sector mentres dá gandancias ás grandes marcas de distribución.
Como pode sobrevivir a ganadería cando os prezos hoxe son menores que hai 40 anos? É tempo de cambiar! pic.twitter.com/NQa83aEyUK
— Unións Agrarias-UPA (@unions_agrarias) February 19, 2020