Home Programas Área Compostela O rural de Compostela procura ser referente fronte o cambio climático

O rural de Compostela procura ser referente fronte o cambio climático

0
O rural de Compostela procura ser referente fronte o cambio climático
Xincana Audiovisual 2018. FicRural.

O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e o director do FicRural, Aser Álvarez, presentaron en Raxoi o Foro Internacional da Economía e da Cultura Rural, que se celebra ata o 28 de setembro na Fundación Laboral da Construción, en Vistalegre.

O FicRural é “un punto de encontro para favorecer a colaboración e o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do rural.” Ademais, outro dos obxectivos é “crear unha rede colaborativa entre axentes e proxectos de emprendemento rural para a dinamización do rural de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia da A Coruña.”

Para Aser Álvarez, o proxecto é unha oportunidade para aproveitar as características de Compostela e do seu rural para elaborar propostas que poidan ser exportables a outras vilas e cidades con contornas rurais. Ademais, para o director do Foro, existe unha situación “global” de emerxencia climática e o rural debe ser parte da solución.

O sábado 28 haberá un encontro de mulleres e o xoves 26, un debate sobre rural e universidade e outro sobre propostas concretas para revitalizar o rural con presenza de todos os grupos do Parlamento galego, coa idea de “xerar consensos e buscar solucións.”

O FicRural divídese en varios eidos: Visión, no que haberá xincanas fotográficas e audiovisuais nas parroquias rurais de Compostela; Feira, un espazo de encontro entre iniciativas e Xogo, unha mostra de xogos populares.

Na cultura, haberá iniciativas de muralismo con Yoseba MP e concertos coma o de Broke Lords ou Inmaculate Fools. Dentro das xornadas ten lugar tamén o V Festival Internacional de Cine Rural de Galicia. As películas e documentais finalistas serán proxectadas nos centros sociais do rural compostelán: Figueiras, Grixoa e A Gracia.

Podes consultar aquí o programa