A totalidade dos fondos do Plan POS + 2017 da Deputación da Coruña irán ao rural compostelán. Anunciouno en rolda de prensa o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafa Peña. O edil explicou que esta decisión se tomou para cumprir o seu compromiso coa cidadanía. O concelleiro de Medio Rural explicou que parte das achegas provinciais destinarase a melloras de pavimentación.
O rural compostelán terá os investimentos máis altos dos últimos anos
Máis info: ?????https://t.co/ExC1aUiyck pic.twitter.com/70ZlojhvJw
— Nós Televisión (@NosTelevision) 6 de junio de 2017
“Cumpriremos o compromiso de destinar a totalidade destes fondos á zona rural”
Rafael Peña explicou as accións que desenvolverá o seu departamento entre as que figuran a implantación de pista deportiva á área recreativa infantil nas parcelas colindantes ao colexio e ao CSC de Lavacolla e a segunda fase de ampliación da ponte da Cañoteira en Marrozos.
Rafael Peña aproveitou para anunciar que nas próximas semanas comezarán catro das obras incluídas nos plans provinciais PAS e POS 2016. En concreto, actuarase na estrada de Sigüeiro, no viario que vai de Reboredo a Sionlla de Arriba; na mellora do firme no lugar de Piñeiro, na parroquia do Eixo, e na mellora dos accesos a Villestro.