Home Programas Espazo Aberto O reto de abrir Galiza á lusofonía

O reto de abrir Galiza á lusofonía

0
O reto de abrir Galiza á lusofonía

Quen dixo que a lingua galega non tiña proxección internacional estaba ben equivocado. O curso de verán da USC ‘Galego, porta aberta para o mundo’ tenta amosar a importancia de aproveitar o valor lusófono da lingua, e presenta o reintegracionismo como unha oportunidade de “internacionalización”.

O curso da USC ‘Galego, porta aberta para o mundo’ amosa a importancia de abrir Galiza á lusofonía

Sabela Fernández, profesora de Filoloxía e secretaria do curso, fai énfase nas oportunidades que abre o galego, pondo como exemplo ás e os estudantes estranxeiros que, trala súa estadía en Compostela, aprenden a comunicarse na nosa lingua.

Asemade, a directora do curso, a escritora Teresa Moure, apuntou que este curso servirá para concienciar ao estudantado da necesidade de mellorar a “difícil situación” da lingua galega.