Afundación e ABANCA presentan en colaboración co IDEGA (Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da Universidade de Santiago) o informe da economía galega no ano 2018. Nel destaca a converxencia coa economía do resto de España e da Unión Europea; o aumento de emprego, en concreto de contratos indefinidos; e o crecemento da taxa de emprego feminino. Porén, estes datos non concordan co que se reclama dende os sindicatos, que din que o paro baixa, entre outras cousas, debido ao aumento de contratos temporais. Preguntados sobre a marcha da mocidade por faltas de futuro en Galicia, o responsable de IDEGA-USC respondeu que é algo que “non lle preocupa”.
Os autores deste informe recoñecen que este ano 2019 ten datos máis negativos que o 2018, xa que din que “está marcado por un comportamento polarizado da economía debido ao Brexit, que prexudica aos sectores internacionais”, di Alberto Meixide, director do IDEGA.