Home Programas Área Compostela O referendo sobre a monarquía chega mañá aos campus composteláns

O referendo sobre a monarquía chega mañá aos campus composteláns

0
O referendo sobre a monarquía chega mañá aos campus composteláns
Biblioteca Concepción Arenal, un dos espazos de votación de mañá

Estudantes, profesorado e persoal da USC poderán votar mañá, 12 de decembro, nunha consulta simbólica sobre o modelo de Estado. Esta convocatoria, organizada polo alumnado de forma asemblear e aberta, chega a Compostela após realizarse con éxito en Vigo, onde participaron máis de 1.500 persoas, e terá lugar ese mesmo día tamén na Universidade da Coruña e no campus de Ourense da UVIGO. Desta maneira, reivindícase o dereito non só a decidir a xefatura do Estado, se non a abrir un proceso constituínte no que se poidan debatir todo tipo de cuestións.

Puntos de votación

Entre os centros onde se poderá votar atopanse a Biblioteca Concepción Arenal, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a Facultade de Economía, a Facultade de Ciencias da Educación do campus norte, a Facultade de Bioloxía, ou a Facultade de Filoloxía, entre outras.

A pregunta que figurará nas papeletas será: “Estás a favor de abolir a monarquía e impulsar procesos constituíntes que cristalicen en República?”. O propio mércores serán habilitados múltiples puntos de votación en diversas facultades e bibliotecas universitarias de Santiago, puidendo participar calquera persoa interesada que se desexe achegar a elas.

A iniciativa naceu na Universidad Autónoma de Madrid, que celebrou a súa consulta o 29 de novembro con máis de 7.000 votos (casi duplicando, por exemplo, o número de votos nas eleccións ao reitorado desa mesma facultade, nas que participaron 3.727 persoas). A partir de alí, convocouse en decenas de universidades públicas coma a Universitat Pompeu Fabra, a Universidad Carlos III de Madrid, a Universidad Complutense de Madrid, a Universidad Politécnica de Valencia, a Universidad de Zaragoza, ou as tres universidades galegas. No caso do referéndum vigués, por exemplo, contabilizáronse 1435 votos a favor da abolición da monarquía dun total de 1584 emitidos.