👉 1ª CONFIRMACIÓN: VALTÒNYC👇👇👇
— Festigal (@ofestigal) March 27, 2018
O #Festigal2018 súmase á onda en defensa da liberdade de expresión en solidariedade co rapeiro maiorquín Valtònyc, estará no cartaz desta nova edición do Festigal! #ValtònycFestigal #Nonnoscalarán@obloque @galizanova @galizasempre pic.twitter.com/4GzSEm5KG6
O Festigal 2018 anuncia a presenza do rapeiro Valtònyc para reivindicar a liberdade de expresión. Hoxe mesmo veñen de difundir un vídeo do propio artista cunha con referenza explícita ao Festigal e a Galiza, onde anuncia a súa presenza o 24 de xullo no Festigal.
“A día de hoxe non sei se poderei estar xa que seguramente xa estarei en prisión”. Así de rotundo se amosou o rapeiro esta mesma mañá.
Dende a sentenza do Tribunal Supremo que confirmou a condea de tres anos e medio de cárcere para o artista, desencadeáronse numerosas manifestacións a favor da liberdade de expresión e en defensa deste rapeiro balear, que ten 14 discos publicados con letras de ideoloxía anticapitalista, republicana e antifascista.