Home Espazo Aberto Medio ambiente O Rainbow Warrior sortea as dificultades e chega a Vilagarcía para denunciar o cambio climático

O Rainbow Warrior sortea as dificultades e chega a Vilagarcía para denunciar o cambio climático

0
O Rainbow Warrior sortea as dificultades e chega a Vilagarcía para denunciar o cambio climático

O buque insignia da organización ecoloxista Greenpeace chega a Galicia e estará estes días no porto de Vilagarcía como parte da súa campaña contra a crise climáticp. O Rainbow Warrior tiña previsto atracar en Vigo pero, tras varios enfrontamentos co presidente de Portos de Vigo, mudaron o seu destino. O equipo de Nós Televisión sube ao barco.

O buque permanecerá no porto ata a semana vindeira. Sábado e domingo estará aberto ao público con varias actividades e o martes fondeará fronte á Illa de Arousa, onde será despedido cunha marcha naval con dornas e galeóns pola ría.