As gravacións nas casas das persoas, as conversas, as cancións, os refráns… Nesta reportaxe falamos da importancia de coñecer e conservar o patrimonio oral da nosa identidade.
Foi o que fixeron Dorothé Schubart e Antón Santamarina co Cancioneiro Popular Galego, cuxos casetes e libretas de campo están accesibles no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, no Museo do Pobo Galego. Do material alí arquivado teñen xurdido investigacións e novas creacións culturais, coma o documental ‘Dorothé na Vila’, de Olaia Tubío e Alejandro Gándara.
Falamos do traballo do APOI coa súa coordinadora, Concha Losada; coas realizadoras de ‘Dorothé na vila’ e con Mero, un dos informantes desde os anos 70.