Home Espazo Aberto Cultura ‘O que segue’, un acto de “resistencia e confrontación”, chega ao Salón Teatro

‘O que segue’, un acto de “resistencia e confrontación”, chega ao Salón Teatro

0
‘O que segue’, un acto de “resistencia e confrontación”, chega ao Salón Teatro

A dramaturxia da artista Cristina Balboa saca a flote o mesmo deserto. Nesa idea de resistencia e confrontación apoiase a obra teatral ‘O que segue’ que chegará ao Salón Teatro de Compostela este venres 18 para quedar na fin de semana. ‘O que segue’ nace de Funboa Escénica, compañía da propia Balboa, coa co-produción do Centro Dramático Galego. Para a autora esta é unha peza na que comunica “un acto de vida” e no que aborda temas como a precariedade e a superación da ira.

 

A obra representarase o venres e o sábado ás 20.30 horas no Salón Teatro de Compostela e o domingo o pase será ás 18 horas.