“O que se precisan son investimentos no rural e non unha canteira”

O PSdeG denuncia o "silencio administrativo" da Xunta a respecto da mina de Man da Moura

Existe unha preocupación par parte dos veciños e veciñas dos concellos de Melón, Carballeda e Ribadavia pola posible recuperación da actividade de extracción de granito nunha vella canteira situada en Franqueirán e que afectaría de xeito considerable ás localidades da contorna.

Onte conversamos sobre esta problemática con Noela Blanco, deputada socialista no Parlamento Galego. Blanco considera que as poboacións afectadas non precisan unha explotación mineira, senón investimentos para “paliar os danos” da vaga de lumes do pasado outubro.

“A cantería suporía un incremento do impacto ambiental“

O grupo socialista alerta que o estudo de impacto ambiental ten máis de vinte anos e, polo tanto, está “obsoleto”. Tamén amosou a súa preocupación polas afeccións que podería ter sobre os xacementos arqueolóxicos situados na contorna así como nos mananciais de auga potable que abastecen a diversas parroquias.

Escurantismo da Xunta

Con “máis sombras que luces”. Noela Blanco alerta dos problemas derivados dun proxecto que se remonta a 1997 e que vén de ser “resucitado” pola empresa diante da pasividade do goberno galego. A deputada socialista amosou diante das cámaras de Nós Televisión

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego