Falamos na concentración previa ao xuízo con dúas das tres sindicalistas encausadas por realizar piquetes no marco do 8M. As manifestantes levaron material “subversivo” como o incautado ás feministas multadas, isto é: bridas, panos ou tizas.
Para Mari Fidalgo, unha das encausadas, “o que se criminaliza é ese feminismo que incomoda (…) O que queren é que as mulleres sigamos mantendo o comportamento que esperan de nós“. Dende a Central Unitaria de Traballadoras denuncian que as identificacións realizadas pola Policia Nacional contra as súas afiliadas non foron arbitrarias e ve “represión política” na imposición de multas.