Home Programas Área Compostela O que non che contaron sobre a situación do persoal investigador da USC

O que non che contaron sobre a situación do persoal investigador da USC

0
O que non che contaron sobre a situación do persoal investigador da USC

A Asemblea de Investigadoras de Compostela mobilízase contra a discriminación que sofre o colectivo na Universidade de Santiago de Compostela. Denuncian que parte persoal investigador non recibe o salario correspondente a pesar de ser o motivo polo que a USC percibiu en 2017 1.3 millóns de euros da Xunta.

En particular, refírense ao incremento salarial do 1% que a Xunta recolleu nos seus orzamentos en 2016, e que nun primeiro momento a USC unicamente percibiu no persoal laboral e no funcionariado. Logo de negociacións con CCOO, o aumento exténdese tamén aos investigadores con cargo a proxecto , pero “continúa deixando fóra outra parte do colectivo“, explica a socia da AIC, Laura Camino, e sobre todo “á parte do persoal contratado a cargo de convocatorias públicas da Xunta e do Ministerio”, que cobran o salario mínimo cuberto por esas institucións, aínda que ” a maiores a universidade tería que dar conta de todos os complementos extra para que no haxa discriminación”.

Ante isto, a Asemblea denuncia un claro caso discriminación laboral, sobre todo ante as últimas novas. Logo das explicacións da USC  fundamentadas na falta de fondos, a AIC pediu ante a Comisión de Transparencia de Galicia, adscrita á Valedora do Pobo, o ingreso que percibe a Universidade polo Plan Galego de Finanzamento Universitario da Xunta. Resulta que acorde ao indicador de captación de talento investigador, a USC recibiu só en 2017 unha suma total de 1.356.810 €.

Promesas incumpridas

Dende a AIC pídenlle á USC unha solución inmediata, e lembran que o actual equipo de Goberno falou na campaña electoral de que “o persoal investigador da USC está nunha situación moi precaria e que é un colectivo moi inestable”, aínda que como explican, as promesas “caeron no esquecemento”. Destacan que a día de hoxe a situación e tal que hai máis persoal contratado con cargo a proxecto que funcionariado, un problema da administración