O Partido Popular denuncia que Compostela Aberta colocase os seus carteis antes do comezo oficial da campaña para as municipais, que será o próximo 10 de maio. É por iso que a Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela obriga ao partido de Noriega a retirar os seus carteis.

- Publicidade -

Martiño Noriega, ante isto, di que “o PP non ten interese por que esa mensaxe chegue á cidadanía”. Ademais, Noriega lembra que “hai moitas outras promesas e campañas en redes sociais ou mesmo en carteis doutras moitas formacións e só se fixan na nosa”.

Pese a esta denuncia, Noriega acéptao e incluso o ve como algo positivo porque di que “o que é prohibido suscita máis interese na sociedade”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego