O pasado venres estreábase en salas o último filme de Óliver Laxe, ‘O que arde’. Nesta primeira semana, segundo datos da distribuidora Numax, foi vista por máis de 11.000 persoas en Galicia e por 20.000 no total do estado. A distribuidora considera este éxito como “algo inédito nun filme galego” e salienta que “foi dos filmes máis vistos durante toda a semana.”
Así está a cousa para ver #oquearde hoxe e mañá en @numaxcoop ? pic.twitter.com/kNoXece84b
— NUMAX (@numaxcoop) October 16, 2019
No cinema da Numax, por exemplo, as sesións enchéronse día tras día. O director do filme participou en coloquios por salas de toda a xeografía galega. Ademais de nas sete cidades, proxectouse en Carballo, Monforte, Vilagarcía, Viveiro, A Rúa, Verín, As Pontes, A Estrada, Caldas de Reis e Ribadeo.