Home Programas Espazo Aberto “O que a xente valora de En Marea é o que as diferentes forzas temos en común”

“O que a xente valora de En Marea é o que as diferentes forzas temos en común”

0
“O que a xente valora de En Marea é o que as diferentes forzas temos en común”

O plenario de En Marea celebrado o pasado sábado segue na primeira plana da política galega. Unha das súas figuras máis emblemáticas, Xosé Manuel Beiras, criticaba duramente as “divisións internas” na organización, ao tempo que pedía “medidas disciplinares” contra os “díscolos” que non acudiron á asemblea.

Eva Solla non se sinte aludida polas críticas de Beiras

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, tampouco estivo presente no acto, mais asegura non sentirse “aludida” polo histórico dirixente galeguista e pide “apostar polo diálogo”. Un dos aspectos que máis criticou Beiras foi o “mal funcionamento” do grupo confederal de Unidos Podemos no Congreso, xa que En Marea fica nun “segundo plano” por non imitar a Compromís e vencellarse ao grupo mixto.

Pola outra banda, o voceiro da organización no Parlamento galego, Luís Villares, comparte este sentimento, mais insta a “traballar para a xente” e atopar “puntos en común”, que é “o que máis valora o electorado de En Marea”.

Por outra banda, Villares salientou que o partido instrumental está xa “consolidado” como forza política en Galicia “como evidencian as enquisas”, xa que, asegura, “moita xente que votou ao PP está agora moi descontenta” coas políticas de Feijóo.

Beiras desminte o relato mediático

Ademais, Xosé Manuel Beiras arremeteu especialmente contra La Voz de Galicia nas redes sociais acusando a este medio de “mentir” ao afirmar que o líder nacionalista arremetera contra os alcaldes de Ferrol, A Coruña e Compostela ao non acudirao plenario de En Marea.