O concelleiro do PSOE en Compostela, Paco Reyes, presentou hoxe en rolda de prensa unha das cuestións que o partido levará ao vindeiro Pleno. Estamos a falar da banda de música que, en palabras do voceiro, precisa urxentemente de tres instrumentos imprescindibles: O oboe, o fagot e a trompa. Segundo indicou, “unha banda estaría formada por 66 músicos, e nós temos 33 habendo prazas vacantes”.
O edil tamén fixo fincapé na necesidade dun director profesional que conte cun contrato estable, xa que se trata dun servizo público esencial e ademais xa se aprobaron os orzamentos para 2017.
Para Paco Reyes o único que falta é “vontade política”
.@psdegsantiago Onte @pacoreyesstgo pediulle ao goberno municipal máis "vontade política" coa Banda de Música de Santiago pic.twitter.com/UERNZ2u4EW
— Nós Televisión (@NosTelevision) 22 marzo 2017