O voceiro do grupo socialista no concello de Santiago, Paco Reyes, sinalou en rolda de prensa que segundo os datos de que dispón o turismo de peregrinación é “o principal operador” da cidade polo que habería que “diversificar” para aumentar turistas.
“Precisamos novos operadores turísticos”
O @psdegsantiago pide “diversificar” o turismo https://t.co/uq09jdycBJ @pacoreyesstgo argumentou que precisamos novos operadores turísticos pic.twitter.com/RfApFCme2K
— Nós Televisión (@NosTelevision) 02 marzo 2017
O socialista botou en falta a avaliación do anterior plan de turismo ao tempo que reivindicou un papel concreto a Incolsa para poder desenvolver determinadas accións.